Vigo, 27 de marzo de 2015.- O autor Julio Fernández Peláez, coa obra ‘A cunquiña’, é o gañador do II Premio ‘Pegada’ de Teatro Radiofónico, convocado pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Radio ECCA. O galardón foille entregado hoxe en Vigo por Jacobo Sutil, director da Agadic, no transcurso dunha gravación especial do programa radiofónico ‘A pegada do eco’ con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro e do décimo aniversario da ESAD.