lectura dramatizada de ‘O chapeu do indixente’

A Fundación SGAE recibe o verán en Ourense coa celebración da lectura dramatizada de O chapeu do indixente
Cartel Lecturas Dramatizadas - Ourense 2015
. Trátase dunha obra do dramaturgo, director, poeta e artista visual  Julio Fernández Peláez
. Dirixe Tito Asorey, da compañía ilMaquinario Teatro, recentemente premiado nos María Casares polo seu traballo conPerplexoe coñecido tamén, na súa faceta interpretativa, pola súa participación na teleserie Serramoura (TVG).
A representación, organizada coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), celebrarase na Sala Vermella do Auditorio de Ourense, o 25 de xuño (20:00 horas), con entrada libre ata completar a capacidade.
Asorey dirixirá dous actores ben asociados á escena ourensá:
Melania Cruz, habitual en diversas producións de ilMaquinario Teatro e participante tamén no filme A esmorga, de Ignacio Vilar; e Alfonso Míguez, integrante da compañía ourensá Trécola Teatro e artífice da webserie P.I.B.

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s